Subvencións por gastos
As subvencións por gastos recóllense na Lei 9/2015, de 7 de agosto, de financiamento das formacións políticas e das fundacións e entidades vinculadas ou dependentes delas.
As cantidades ás que se refiren os artigos 15 e 19 da Lei 9/2015, do 7 de agosto, de financiamento das formacións políticas e das fundacións e entidades vinculadas ou dependentes delas, foron actualizadas na ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se fixan as cantidades actualizadas das subvencións por gastos electorais para as eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar o día 18 de febreiro de 2024.