Galego Castellano

Dietas e cobertura da Seguridade Social

Dietas

As persoas integrantes das mesas electorais cobrarán unha dieta polo desempeño das súas funcións 


Se algún/a dos/as suplentes ten que desempeñar a función por ausencia do titular, terá dereito ao permiso retribuído e á redución da xornada, así como á dieta. Non procederá a concesión dos devanditos dereitos se o/a suplente non chega a ocupar o seu posto na mesa electoral.

 

Cobertura da Seguridade Social

Con independencia da súa condición individual, toda persoa que sexa designada para desempeñar funcións como membro (tanto titular como suplente) dunha mesa electoral con motivo da celebración dun proceso electoral, está especialmente protexida polo sistema da Seguridade Social.


Están protexidos/as de todos os riscos que se deriven da súa condición de membro, titular ou suplente, dunha mesa electoral e teñan relación directa co desempeño das súas funcións, tendo as lesións que puidesen sufrir, incluíndo o accidente “in itinere”, a consideración de accidente de traballo.