Voto do persoal embarcado
Electores/as
Considerarase persoal embarcado:
- Mariña mercante ou frota pesqueira de altura abandeiradas en España.
- Persoal que permaneza embarcado desde a convocatoria de eleccións até a súa realización e que durante este tempo arribe a porto, previamente coñecido, dentro do territorio nacional.
Procedemento
É unha variante do voto por correo con algunhas especialidades. O/a elector/a solicita o certificado de inscrición no Censo electoral e a documentación para exercer o dereito de sufraxio á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral onde o/a elector/a está inscrito/a por radiotelegrafía, correo electrónico ou fax.
Na mensaxe deben constar os seguintes datos:
- Nome e apelidos do/a solicitante.
- Número de DNI ou número de tarxeta de estranxeiro.
- Data de nacemento.
- Provincia e municipio de nacemento.
- Municipio de residencia no que está incluído no censo electoral.
- Rúa e número do seu domicilio.
- Nome do buque no que se atopa embarcado.
- Porto ou portos en que teña prevista a súa arribada o buque con indicación das datas concretas en que esta se produza.
No caso de que se poida recibir a documentación electoral por medio doutro buque, indicaráselle ao armador, consignatario ou buque onde debe ser enviada.
A delegación provincial da oficina do censo electoral correspondente, comprobada a inscrición do/a interesado/a, considerará como recibida a solicitude e procederá a remitir a documentación ao porto ou, no seu caso, ao armador, consignatario ou buque que o/a elector/a designase.
O/a elector/a tras recibir a documentación, remitirá por correo certificado e urxente, desde calquera dos portos nos que o buque atraque, a documentación electoral á mesa electoral na que lle corresponda votar.