Galego Castellano

Dereitos laborais

Os/as designados/as como persoas integrantes de mesa para as eleccións, deberán cumprir coas súas obrigas o día da votación, con independencia da xornada de traballo do día anterior.


Os/as traballadores/as por conta allea e os/as funcionarios/as nomeados/as teñen dereito a un permiso retribuído da xornada completa durante o día da votación, se é laborable. En todo caso, teñen dereito a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior.


Para facilitar o cumprimento dos deberes das personas integrantes da mesa, a quenda de noite que comeza o día da xornada electoral computarase como xornada laboral do día electoral, e o dereito de redución de cinco horas da xornada de traballo pode exercerse na quenda de noite seguinte do/a traballador/a, a condición de que esta quenda se inicie o día inmediatamente posterior ao das eleccións.