Datos para o Venres, 29 de Decembro do 2023

Constitución das XEP e das XEZ

Constitución inicial das Xuntas Electorais Provinciais e das Xuntas Electorais de Zona cos/as vocais xudiciais (Art. 14.1 LOREX)

 

Sustitución dos/as vocais xudiciais e elección dos/as Presidentes/as das XEP e das XEZ

Comezo do proceso de sustitución dos/as vocais xudiciais que pretenden acudir ás eleccións e elección dos/as Presidentes/as das Xuntas Electorais Provinciais e das Xuntas Electorais de Zona (Art. 14.2 e 14.3 LOREX)

 

Presentación dos/as representantes

Comezo do prazo para a presentación dos/as representantes das candidaturas ante as respectivas Xuntas Electorais Provinciais para aceptar a súa designación (Art. 20.3 e 20.4 LEPG)

 

Nomeamento dos/as interventores/as

Comezo do prazo para  nomeamento por parte dos/as representantes das candidaturas de ata dous/dúas interventores/as por cada mesa electoral (Art. 33.1 e 33.3 LEPG)

 

Envío das credenciais aos/as interventores

Comezo do proceso de envío dos/as representantes das candidaturas ás Xuntas Electorais de Zona das credenciais de nomeamento dos/as interventores/as (Art. 33.4 e 33.5 LEPG)