Datos para o Martes, 23 de Xaneiro do 2024

Publicación das candidaturas proclamadas

Publicación no DOG das candidaturas proclamadas. (Art.47.5 LOREX e Art. 21.4 LEPG)

Voto por correo dos/as electores/as temporalmente no estranxeiro 

Comezo do prazo para o envío por parte da DPOCE da documentación necesaria para votar aos/ás electores/as que se encontren temporalmente no estranxeiro. (Art. 74 LOREX / RD 2621/2007)

Comezo do prazo para a remisión por parte dos/asa electores/as á mesa electoral correspondente da documentación necesaria para a emisión do voto. (Art. 74 LOREX / RD 2621/2007)

Voto por correo dos/as electores/as residentes no estranxeiro (CERA)

Comezo do prazo para o envío por parte dos/as electores/as do sobre de votación e da documentación identificativa á Oficina Consular ou Sección Consular da Misión Diplomática á que o/a elector/a estea adscrito. (Art.75.7 LOREX)