Datos para o Domingo, 21 de Xaneiro do 2024

Subsanación de irregularidades nas candidaturas

Fin do prazo para a subsanación das irregularidades detectadas nas candidaturas presentadas. (Art.47.2 LOREX e Art. 23 LEPG)

Notificación da formación de mesas electorais

Comezo do prazo para a notificación da designación como persoas que integran as mesas electorais aos/ás interesados/as e entrega dun manual de instrucións sobre as funcións asignadas. (Art.27.2 LOREX)

Alegacións das persoas designadas como integrantes das mesas electorais

Comezo do prazo para realizar alegacións das persoas designadas como integrantes das mesas electorais da causa que lles impida a aceptación do cargo ante as Xuntas Electorais de Zona. (Art.27.3 LOREX)