Datos para o Sábado, 20 de Xaneiro do 2024

Sorteo das persoas que integran as mesas electorais

Comezo do prazo do sorteo público para a designación das persoas que integran as mesas electorais entre todas as persoas censadas na sección correspondente. (Art.26 LOREX)

Subsanación de irregularidades nas candidaturas

Comezo do prazo para a subsanación das irregularidades detectadas nas candidaturas presentadas. (Art.47.2 LOREX e Art. 23 LEPG)

Solicitude do voto por correo dos/as electores/as temporalmente no estranxeiro

Fin do prazo para a entrega da solicitude do voto por correo nas Oficinas ou Seccións Consulares das Embaixadas (Art. 74 LOREX/RD 1621/2007)