Datos para o Mércores, 10 de Xaneiro do 2024

Nomeamento dos/as Administradores/as das candidaturas

Comezo do prazo para a designación por parte dos/as representantes das candidaturas ante a Xunta Electoral Provincial, dos/as administradores/as das candidaturas (Art. 8.1 da Lei 9/2015, de 7 de agosto, de financiación das formacións políticas e das fundacións e entidades vinculadas ou dependentes delas)

 

Presentación de Candidaturas

Comezo do prazo para a presentación das candidaturas polos/as representantes dos partidos, federacións e coalicións ante a Xunta Electoral Provincial (Art. 45 LOREX e 21.1. LEPG)

 

Publicación no BOP de lugares para a realización da Campaña Electoral

Fin do prazo para a publicación no BOP dos locais oficiais e lugares públicos para a realización gratuíta de actos de campaña electoral (Art. 57.2 LOREX)